Art Angels
Art Angels | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Grimes | ||||
Publicado | 6 de novembro de 2015 | |||
Gravación | 2013-2015 | |||
Duración | 49:37 | |||
Xénero(s) | synth-pop, art pop, dance | |||
Selo(s) | 4AD | |||
Produtor | Grimes | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Art Angels é o cuarto álbum de estudio da cantante e compositora canadense Claire Boucher, profesionalmente coñecida como Grimes, publicado dixitalmente o 6 de novembro de 2015 a través do selo 4AD e en formatos físicos o 11 de decembro. Boucher comezou a planificar o disco en 2013 como a continuación do seu terceiro álbum de estudio, Visions, porén, eliminou a meirande parte do material desas primeiras sesións e comezou unha nova serie de gravacións en 2014. O tema "Realiti", que procedías das primeiras gravacións, foi editado como unha demo a principios de 2015.
Art Angels foi descrito como máis accesible que os anteriores traballos de Boucher mentres que mantiña as súas influencias experimentais. O álbum conta con convidados como o rapeiro taiwanés Aristophanes e a cantante estadounidense Janelle Monáe. Editáronse dous sinxelos do traballo, "Flesh Without Blood" e "Kill V. Maim", ademais de vídeos musicais para varias cancións. Art Angels vendeu 11 000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos e converteuse no álbum de Boucher en chegar máis alto nas listas ata ese momento. O disco foi editado con moi boas críticas e apareceu nas listas de mellores traballos de 2015 de varias publicacións.
En outubro de 2019 a publicación dixital Pitchfork Media situou o disco no número 11 da súa lista dos 200 mellores álbums da década de 2010.[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Grimes, agás onde se indique.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Laughing and Not Being Normal" | 1:47 |
2. | "California" | 3:18 |
3. | "Scream" (con Aristophanes; escrita por: Grimes, Pan Wei-Ju) | 2:20 |
4. | "Flesh Without Blood" | 4:24 |
5. | "Belly of the Beat" | 3:25 |
6. | "Kill V. Maim" | 4:06 |
7. | "Artangels" | 4:07 |
8. | "Easily" | 3:03 |
9. | "Pin" | 3:32 |
10. | "Realiti" (non aparece na versión en vinilo) | 5:06 |
11. | "World Princess Part II" | 5:05 |
12. | "Venus Fly" (conJanelle Monáe; escrita por: Grimes; Monáe) | 3:45 |
13. | "Life in the Vivid Dream" | 1:27 |
14. | "Butterfly" | 4:12 |
Canción extra no CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
15. | "Realiti" (demo) | 4:18 |
Canción extra no Xapón | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
16. | "Go" (Bloodpop Remix) | 3:23 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 200 Best Albums of the 2010s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-27.